viernes, 27 de noviembre de 2009

Poseido / Mecá




Montaxe e pintura: Non estaban mal as pezas tipo "mutacións" que viñan na caixa dos guerreiros. Eran ideais para construir os meus dous poseídos, xa que éstes non podian portar armas. O problema era que só habìa 3 boas pezas, faltábame un brazo dereito "potente", porque éste rematado en púas se me facía "pouca cousa". Non recordo ben de onde saiu a espada-motoserra que leva Mecá, creo que un comandante marine lobo espacial de WH40,000. Non me fagades moito caso, nen sequera sei se eso que acabo de dicir ten sentido algún. Ben, unha vez empalmada a espadaserra no seu lugar antollouseme descompensado co brazo esquerdo. Probei a atarlle unha espada orca (pero tecnicamente non está usando armas, eh! un malnacido lla atou ó brazo como podia terlle atado un candil ou unha ristra de allos!) e non me disgustou o resultado.
Agora doume conta de que éste poseido non deberia mostrar unha armadura, pero daquela non tiña opción: tódolos torsos da caixa a levaban.

Historia: Como poseído, Mecá (abreviatura de "mecagoendios", que é o que os seus inimigos deberían exclamar ó atoparse con el de golpe ó doblar calquera mordhesquina en ruinas) levou sempre unha gran responsabilidade encima. Non podes ser o maior mata-mata da banda, o pilar fundamental, e ir na retagrada. Xunto con Yngwuin (o maldito) eles son sempre a punta de lanza da miña banda. Unha punta de lanza que se rompía en anaquiños demasiado a miudo, por desgracia. Pero non por culpa de Mecá. A través das campañas xogadas Mecá aprendeu a dar hostias como panes e panes como hostias. Chegou a ter uns atributos de medo, doblando a forza e resistencia normal dun humano. Resumindo, que cando todo se ía ó carallo non era por culpa del. E conseguir eso na miña banda dos poseídos é todo un mérito.

Guerreiro do Caos / Jadaña






Montaxe e pintura: Sempre quixen ter unha miniatura armada cunha gadaña, pero na caixa só atopaba armas convencionais, e todas de tamaño infantil. "Non pode ser -pensei- nalgunha destas matrices ten que haber armas de verdade". E asi foi como me din conta de que as armas máis mortiferas non eran eses cachiños de plastico fino que sacamos con tanto esmero para que non se rompan, senon que estaban en realidade escondidas "dentro" das matrices. Pillei un par de cachos de plástico matricial bruto e afieinos cunha coitela oxidada. Cando estiveron a punto pegueinos e engadinlles un bo mango. Para endosarlla á miniatura tiven que amputarlle e volverlle coser as mans, porque insistía a moi terca en agarrala do revés. O resultado pode verse nestas fotos. Algo tosco pero recoñecible. Completei a figura cunha capa que o fai parecer un xogador de jockey. Ata ten un número no dorsal. Supoño que non fai falla que diga cal é.

Historia: Ésta é unha das primeiras miniaturas ás que boto man cando recluto Irmáns Poseídos. Ou cando teño as 5 Almas escuras na banda ésta soa ser a quinta despois dos "nazgul" e algunha outra con aspecto sombrio. Algo aparatosa a gadaña no combate, tamén hei de dicir.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Alma Escura / Anel

Montaxe e pintura: Polo seu aspecto vese que é da mesma quinta que as outras miniaturas con aspecto de "nazgul". Ata lle puxen na man un colgante cunha especie de anel feito de cobre retorcido (xa non recordo nin q era). A capa de periódico quíxena facer maior neste caso, peor atopeime con problemas de maniobrabilidade. Por detrás amañeino chamuscándoa para recortala, e por diante.. resulta que nun inicio a capa non facía ese extraño cara a dereita, como se a levara o vento. Era recto cara adiante. Pero por mor dunha "mala almacenaxe", un día amaneceu asi de torcida. Por último, igual que os outros da serie, non están "pintados", so lles pasei un pincel sucio porriba.

Historia: Despois de recortarlle un chico a capa fíxose unha miniatura o suficientemente manexable como para usala na banda de poseídos a modo de Alma escura. O malo das Almas escuras é que se nota no presuposto da banda que custan 10 co. máis que os Irmáns, asi que non soen ser habituais nas miñas bandas (polo menos ó inicio das campañas).

viernes, 6 de noviembre de 2009

Con pezas soltas / Flecha




Montaxe e pintura: Se hai algo que non te vas atopar na caixa de guerreiros do Caos son armas de proxectís. Que conste que non me parece mal, é lóxico. Quen no seu sano xiuzo vai á batalla armado cun pau curvo (sen pinchos) e esas pequenas coitelas con punta de silex? Pero para Mordheim a miudo facia uso dun arqueiro cando podía reclutar varios Irmáns, e non tiña ningunha miniatura que se axustase a ese arque-tipo.
Mans á obra logo. É case imposible reconvertir unha figura normal en arqueiro, pola posición dos brazos e o corpo, asi que botei man da tecnica da plastilina. Recubrin a estructura homínida co papel e planteille unha cabeza e brazos na posición que crin máis idonea. Como proxectil usei un cacho d matriz labrada en forma de lanza, e para o lume da punta algodón pintado. "Vestín" á miniatura de camuflaxe pensando no típico arqueiro estilo Robin Hood.

Historia: A pesar de ser algo aparatosa si que a usei como arqueiro da banda, pero só de forma esporádica e xa nos últimos tempos. É mais unha peza curiosa que un integrante da banda.