martes, 15 de diciembre de 2009

Mutante / Reós





Montaxe e pintura: Esta é outra das miñas favoritas.. teno todo! A posición é bastante aceptable, con ese pé fóra da peana que non se sabe se é que chega tarde á foto ou se vai baixar do estrado a arreglar diferencias contigo. O machado doble é semiartesanal (engadinlle a segunda folla doutro machado), e o pelo que lle cae polo rostro está sacado deses "trolls" rositas de peluche que nunca deberon existir. Para completar o atuendo heavy limeille 2 dedos da man do machado e pegueille os anacos de plastico simulando que os tiña levantados. METAAAALLL!!!
Para colmo, ata vai con gafas de sol!

Historia: Reós (de Reostia) é o meu mutante con "Sangue ácida". Modelar esa mutación non che podo dicir se é facil ou dificil, a verdade. Hai que ter fe no Caos. Reós sempre combatiu decentemente, levándose a multiples inimigos con el á tumba. Como premio foi a primeira (e única) miniatura que tiven á que lle comprei unha montura (Ver Tigre de Dirz). Chegou a ter unha tirada de salvación de +3 se recordo ben. Que gran campaña aquela, nin as tonterias de Yngwin a empañaban (weno, un pouco si). O Maxister con 4 ataques e armado con 2 lanzas! Mecá unha máquina de matar, Reós sementando o Caos na sua montura.. teño que sacarlle unhas fotos ás vellas follas de banda e postealas aqui tamén.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Con pezas soltas / Plastilina



Montaxe e pintura: Ésta foi a primeira mini que fixen con plastilina. Levantei unha masa antropocaomorfa nunha peana, rodeeina de papel e planteille unha cabeza e dous brazos. O resultado é moi tosco, pero vin que a técnica tiña potencial. O mellor de todo é que se pode suplir coa pose o que lle falta en detalles. Outra das cousas que me gusta da plastilina é ese olor a Caos que desprende..

Historia: Non xogo con esta miniatura.. foi feita como proba e xa cumpliu o seu cometido. Queda como recordo do bo que é innovar e do malo que pode resultar se non se fai con criterio. ¡Non penso sacar a combatir en Mordheim unha miniatura asi de chunga!

Poseido / Yngwin





Montaxe e pintura: Un mal día naceu Yngwin, con ínfulas de poseido pero co potencial mortífero dunha rata coxa. E cega. E sen todo o que a podería facer minimamente perigosa. Vestino coas mellores galas, dinlle os brazos máis mutados, as cores máis enfermizas, o rostro máis purulento, os harapos máis harapentos... ¿por qué nunca mo agradeciches, Yngwin? Ainda estou esperando que me expliques, que me digas por qué me fas esto. ¿Non coidei ben de ti? ¿Non che din sempre o mellor trazo de pintura, o mellor lugar no cortello? ¿Non tiveches sempre o esterco máis fresco? ¿É que non fun bo abondo contigo, Yngwin?

Historia: O meu primeiro poseído. O Poseído. O símbolo e estandarte vivinte da banda. ¿Por qué tiveches que deixarte matar a paus por aquel middenheimer cotroñento? Coma un can, Yngwin. Creo que ata pediches piedade no último golpe, que lle supliquei darche eu mesmo. Por deus, se nen sequera estaba pintado, Yngwin. Era color metal, lampiño (non debía ter 18 anos cumplidos), cunha espada rechoncha e cilíndrica, torcida! E deuche unha malleira en toda regla. O "destructor de mundos", lle chamaron dende aquela. Malpocados, gran cousa fixera! Polo menos tiveches a dignidade de morrer permanentemente trala tirada de dados, e non te volviches arrastrando ó campamento como pensaba que farías.
Por iso che din outra oportunidade.
Grave erro.
¿Recordas aquel asuntiño co eslizón, meu querido Yngwin? Si, home, aquela lagartija azul morta de fame... ¿vaste acordando? Esa que che sacou unha daga (unha pedra con punta, debía ser) e te desmaiaches, ¿cómo fora? Ah, si: REBANADO! Cunha daga, Yngwin! Ti oiches algunha vez eso de "o primeiro poseido é gratis"? Eh? Oíchelo? Va que non? ¿Será porque costades 90 co. cada un? E cres que a ese prezo me podo permitir que a primeiras de cambio che rebane o pescozo cunha daga un eslizón que apenas se tiña en pé?
O teu nome é sinómino de mofa e escarnio, por onde pasas baten con forza as queixadas e choran de risa os mendigos porque se ven afortunados ó teu lado. Pero voute seguir poñendo no teu lugar de honor na banda, sabes por qué? Para verte caer unha e outra vez e arrolar polo chan enlamado (terreno dificil) e ser eu mesmo esta vez un máis dos que se rin de ti. Prea!

Alma Escura / Nazgul






Montaxe e pintura: O terceiro dos "nazgul". Arte minimalista, con só un brazo e unha man pode facerse unha xeitosa miniatura gracias á plastilina e ó papel de periódico. O algodón dalle a textura de "roupa", e a cor negra fai que combine con todo. Hai quen di que trala da capucha se poden ver uns terribles ollos vermellos, pero.. ¿¿quen estaría tan tolo como para mirar aí dentro??

Historia: Como os outros da sua serie, naceu para ser Alma escura. Polo seu reducido tamaño (quizáis demasiado reducido) soe ser a primeira elexida da banda. Pena que con "HA 2" poucos golpes acerta, a criaturiña. Polo demáis, é unha das miñas favoritas, pola sua pose. Parece mentira que as 5 fotos sean da mesma miniatura!