sábado, 7 de enero de 2012

Miniatura sen pezas








Montaxe e pintura: Esta miniatura foi un pequeno desafío personal. Xa fixera figuriñas con plastilina e papel de periodico como base, como corpo central ó que lles adosaba algunha outra peza (sobre todo brazos), pero.. ¿podería montar unha miniatura decente sen ningunha peza prefeita, sen nada máis que plastilina, papel e algodón? Empezando polo fácil, estaba claro que a miniatura tería que ser do tipo Nazgul. Non sei se no futuro podrei montalas doutro xeito, pero de momento convenme que sean todo capa. Elexín unha peana grande, creo que non é de WH, que estaba retorcida seguramente porque Edu tentou transformala en sabe deus qué a base de mechero. O caso é que me viña ben. Só tiña un cacho minusculo de plastilina disponible, asi que tiven que usar algo de masilla caducada (era imposible modelar outra cousa que non fose un cilindro) para facer bulto. Pegueino todo á peana como quen chanta unha estaca na terra e cubrino con varias capas de papel de periodico (e pegamento), dandolle forma ós brazos e á capucha. Pinteino de negro e cando secou enzoufeino ben de pegamento para que retivese o algondón, seguinte paso na creación de Nazguls. Volvín sacar a cor negra para o algodón, e axustei con mais pegamento as partes delicadas. Tentei disumular as mans o mellor que puiden. Unha delas inda quedou decente. Esas tripas que está agarrando son tamén de algodón, pintadas con esmalte de uñas, a mellor cor vermella que se pode usar para simular sangue.

Historia: Esta miniatura forma parte dunha especie de intercambio artístico cun amigo, o mesmo que me lanzou o desafío de montar unha miniatura sen pezas (e se recordo ben, tamén sen armas). A miniatura convive agora baixo o seu teito, e xa sabes as tres reglas para que siga mantendo a sua integridade: Non mollala, non expoñela á luz dos mecheros e non darlle de comer despois da medianoite.

sábado, 9 de enero de 2010

Capítulo 1 - Matanza na Praza da Emboscada

Campaña 2010, Extracto dos manuscritos poseídicos:

"Hai xa varios días, un aventureiro imprudente relataba nunha taberna nada recomendable dunha vila circundante a Mordheim cómo fixo fortuna adentrándose en certa parte da cidade maldita. Nesa zona, que só el coñecía, abundaba a codiciada pedra bruxa que uns mercaderes do norte lle mercaran ese mesmo día a prezo de ouro.
Un extranxeiro con pinta de refinado noble da apestosa nación de Bretonia invitou a varias rondas de tumbadioses ó incauto coa clara intención de sacarlle máis datos sobre ese misterioso enclave. Ignoro se conseguiu ou non o seu propósito porque, alertados polos desvarios do aventureiro borracho, un grupo deses puritanos que se fan chamar "cazadores de bruxas" que tomaban pousada na mesma taberna determinou arrestalo e levalo ós calabozos para interrogalo para o seu propio beneficio.

Esa noite, cando por fin o soltaron os cazadores, as nosas Almas Escuras encargáronse de secuestralo e traelo ó campamento da secta dos Poseídos. Non foi necesario ensinarlle os instrumentos de tortura para que empezara a cantar. En canto tivemos a localización exacta do lugar aseguramonos de que ninguén máis fose sacar información do pobre individuo.

De inmediato iniciamos unha partida de caza na busca da pedra bruxa da que falou o estúpido aventureiro. Contábamos cun número de membros menor do habitual, pero todos eles eran aguerridos guerreiros altamente experimentados e mortais na batalla. O noso Maxister, os poseídos Yngwin e Mecá, os mutantes Cthulhu e Reós, e dous homes bestia que contratamos como secuaces, Manowar e Megadeath.

Ós poucos días logramos dar co sitio buscado, pero de seguido nos decatamos de que non foramos os primeiros en chegar: un enorme rabaño de homes besta estaba enchéndose os bolsillos a toda présa con numerosos fragmentos da preciada pedra bruxa. Os seus sentidos animáis alertáronos de que estaban sendo vixiados e remataron velozmente o seu traballo para emprender a fuxida con todo o botín.

O noso Maxister xa tiña tratado noutras ocasións con bestas dese calibre e sabía que eran tercas como carneiros, asi que maldeciu en alto antes de esixirlles parte do tesouro ,se non querían ser masacrados polo terrible Culto dos Poseídos.

Como era de esperar os moi testáns ensaiaron as suas máis estrondosas gargalladas de fanfarronería e desafiáronnos a arrincarlle a pedra bruxa das suas frias mortas mans. O noso Maxister respondeu á esa infantil provocación ordenándonos avanzar ata que lle cortamos o paso pola saída máis obvia coa que contaban.
Os homes cabras continuaron a sua escapada facendo caso omiso dos nosos movementos, co que en cuestión de segundos os dous temibles Poseídos da banda estiveron frente a frente con eles. O seu número era tan superior ó noso que non se esperaban que lles fosemos plantar cara tan abertamente. O líder da manada, vendo peligrar a sua vía de escape máis doada, decidiu sacrificar a dous mastíns para que nos entretiveran mentres eles poñían pés en polvorosa.

Dous mastíns.. ¿como se pode subestimar desa maneria á Banda dos Poseídos? Eles eran trece, nós sete. Quizáis foi eso o que os levou a engano. Un dos mastíns quedouse petrificado polo terror e foi incapaz de cargar a Mecá, o Poseído. O outro lanzouse a por Yngwyn cunha fé cega no seu líder.

Mentres nos encargábamos deste primerio tentenpé os plans do Maxister seguían bulindo na sua cabeza. O Centigor, ese extraño home-cabalo, conseguiu escapar do noso cerco cunha pedra bruxa no seu poder. Pero non nos preocupaba, quedaba moita pedra bruxa en mans dos outros heroes, que quedaron a punto de caramelo en canto Yngwin se librou do desnutrido chuco do Caos.
Se os homes bestia se lanzaseb agora á carreira para fuxir boa parte deles poderían ser interceptados facilmente polos poseídos. ¿Fuxirían como ratas mentres lles chovian golpes letais ou prestarían por fin oídos ás nosas peticións de repartir o botín?

O Maxister viu que o poder da avaricia brillaba nos ollos do líder da manada de homes besta e comprendeu definitivamente que éste nunca aceptaría un trato. Non era un pelea que desexáramos, pero dende logo non iamos recuar agora. Preparámonos para sufrir unha carga brutal. As mazas dos inimigos golpeábanmos facendo pó os nosos músculos e órganos vitais. Os poseídos enfrontábanse ó inimigo a pares e coas suas miradas asasinas paralizaban de medo a moitos dos homes besta, que non se atrevían a encaralos. Os nosos propios Homes Besta, Manowar e Megadeath, secuaces adestrados pola Secta para servirnos, entraron en combate tamén, e eu aprestábame a facer o mesmo cando o Maxister chuspíu o meu nome..
"Reos, -exclamou- cubre o meu flanco! Vou facer que se arrepintan de ter nacido!"

Adiviñei enseguida o que ía facer. O noso Maxister estaba versado nas artes dos rituais escuros e de seguro que se propoñía conxurar algun feitizo que nos dese ventaxa na batalla. Descubriu o seu antebrazo e á vez que entonaba un cántico inintelixible cortouse dun tallo as veas. A iso si lle chamo eu ter un As na manga. Dirixíu o chorro de sangue ácida que brotaba do seu corpo ó lider da manada, sabedor de que se o poñía fóra de combate o resto da banda sería máis facil de eliminar. Por desgracia o caudillo rival deuse conta do que se lle viña encima e tivo tempo de interpoñer a un dos seus Ungors para librarse do conxuro. O Ungor morreu consumido en ácido. O noso Maxister, debilitado pola perda de sangue caeu tamén derribado.
Agora eran eles quen tentarían deixar fóra de combate ó noso Amo, e era o meu traballo impedilo. Pero eran demasiados.. que os deuses do Caos me perdoen.. un enorme home bestia e dous mastíns do Caos cargaron contra o noso Maxister, que xacía indefenso. Puiden interceptar ó Gor, pero vin como os dous mastíns me sobrepasaban e esnaquizaban a detelladas ó meu Amo.

Loitei co meu oponente cheo de furia, e intercambiamos impresións ata que tivo a fortuna de darme tal golpe que me fixo caer case incosciente ós seus pes. A fortuna só me sorriu cando a miña propia sangue ácida o golpeou no rostro. Iso cegouno, e impediulle rematarme. Sen embargo, as miñas feridas eran tan serias que só puiden arrastrame lonxe da batalla para non ser unha victima máis. Estaba fóra de combate.

Oculto dende as ruinas vin con ledicia que non todos tiveran a mesma mala fortuna que eu e o Maxister. ¡Yngwin e Mecá estaban facendo estragos entre as filas do inimigo! A batalla semellaba deparar un horrible final para ambas bandas. Case todos estaban trabados en combate corpo a corpo, parecia que nada podía ir peor.. ¡e de repente unha choiva de frechas caeu sobre todos eles!

Sen que ninguén o esperase, uns misteriosos arqueiros apostados nas ventanas dunha casa ruinosa empezaron a disparar contra ambas bandas. E non so iso, un grupo de homes armados avanzaba con paso firme cara a batalla campal dispostos a quedarse eles con toda a pedra bruxa. Cando limpei o sangue dos meus ollos e os puiden ver ben xa non me sorprendín tanto: recoñecín entre eles ós apestosos Bretonianos que emborracharan a aquel tipo na taberna a outra noite.

O Caudillo da manada botaba espuma sanguinolenta pola boca porque via cómo a sua banda estaba caendo derrotada diante dos seus ollos. O Chamán xacía inmóvil no chan da cidade maldita, os mastíns corrían acobardados sen facerlle caso e os demáis pasaban apuros para librarse das poutas de Ingwyn e Mecá.

Os homes de armas bretóns cos seus relucintes casos cerraron filas cubrindo ós nobles que os acompañaban e adoptaron unha cobarde posición defensiva a escasos metros da sanguenta masacre. Como se se divertisen mirando unha pelea de cans que nin lles ía nin lles viña.
E non eran ésas todalas desgracias que o destino lle tiña reservado ó Caos, porque por encima do ensordecedor ruido da batalla, todos se estremeceron ó escoitar un novo bramido:

"¡¡Preparádevos para ser devorados polas chamas purificadoras, criaturas de almas podridas!!"

Como se dunha aborrecible aparición se tratase, un fanático Sacerdote Cazador de Bruxas entraba en escena portando nunha das suas mans nin maís nin menos que o brillante Martelo de Sigmar, azote de impíos. Tras el sairon catro mastíns e cargaron sobre os Homes besta. Sen embargo os aguerridos homes-cabra non se deixaron acobardar polas circunstancias e puideron devolver ós catro caniches ó buraco do que sairon ó primeiro golpe. Os cazadores ian necesitar moito máis ca iso se querian ter parte do botín. E iso mesmo deberon pensar eles, porque elexiron ese preciso momento para avanzar con todo o que tiñan cara a batalla. Os temibles flaxelantes sairon das sombras amenazando con pórlle un precipitado final a esta historia.

Mentres, en plena batalla, Yngwin paritu a un Gor pola metade e na sua cega sede de sangue encarou ós bretonianos. Creo que nin se deu conta de que non eran Homes besta. Para Yngwin só eran posibles victimas no seu contador ...e queria demostrarlle ós deuses do Caos que era un bo guerreiro. Cargou, e Cthulhu e Mecá, que tamen acababan de desfazerse dos seus respectivos rivais, seguírono na sua senda de destrucción como dous pequenos patiños (do caos) seguirían á sua mamá pata.

Os bretonianos non sabían o que se lles viña encima. Gracias á sua disciplina militar e ás dotes de mando do Cabalerio Cruzado que os comandaba sacaron forzas de flaqueza para superar o seu medo e cargaron ós dous poseídos. ¡Tres homes de armas a cada un!

Os Homes besta conseguiron asi librarse da amenaza dos Poseídos, pero con todalas saidas tapadas e sabendo que lles sería imposible enfrontarse tan mermados como estaban ós Cazadores de Bruxas reagrupáronse arredor do seu líder, que xacía gravemente ferido, e organizaron a sua última ofensiva... ¡a través da banda dos Bretonianos!

Co seu último alento, xusto antes de caer abatido por un disparo, o Caudillo dos Incursores ordenou ó que quedaba da sua banda que cargasen ós Bretonianos aproveitando que éstes estaban completamente inmersos agora nunha dura loita contra os catro membros do Culto dos Poseídos que quedaban en pé.

Desta maneira, a aparición dos Cazadores de Bruxas levou ás duas primeiras bandas en liza a chocar de frente cos bretóns.

O centigor, que estivera oculto ata agora agardando que os seus aliados lograsen alcanzalo e fuxir xuntos coa pedra bruxa, respondeu tamén ó moribundo grito de batalla do seu Caudillo e cargou con furia asesina contra os sorprendidos bretonianos.

Mecá foi abatido levándose por diante a dous inimigos. Yngwyn conseguíu cinco almas para o señor do Caos antes de morder o pó. Cando o Cabaleiro Cruzado caeu victima do culto dos poseídos o centigor elevouse sobre o resto dos bretonianos e dispersou as suas filas.

Para cando os Cazadores chegaron á zona cero, só viron un dos nobles bretóns correndo, desarrapado, sanguinolento, e implorando auxilio e piedade. Tras el, Cthulhu e Megadeath ainda quedaban en pé. Exhaustos e cubertos de sangue, os dous foron cruelmente rematados polas hordas de flaxelantes fanáticos.

O Sacerdote de Sigmar, envolto dunha áura de lume sagrado, agachou a testa para observar ó desvalido bretón arrodillado ós seus pés e dixo facendo un leve xesto coa man:

"Perdónote"

Tralo cal o noble saiu correndo agradecido, abrazado a un fragmento de pedra bruxa na busca da protección dos seus arqueiros.
O Centigor, o ultimo supervivinte da banda dos Homes Besta, fuxiu coa sua pedra bruxa antes de que os Cazadores puidesen alcanzalo.

Por último, os Cazadores de Bruxas recolleron toda a pedra bruxa que puideron, e marcharon deixando tras de si unha enorme pila de cadaveres."

.....

Epílogo:

Máis tarde, ó volver ó campamento, souben o que pasou cos meus camaradas.
O Maxister non sobreviviu ás feridas que lle inflinxiron ós mastíns do Caos. Cthulhu e Megadeath foron trinchados e destripados polos Cazadores de Bruxas e tampouco volveron con vida. Mecá e Manowar, o noso outro home bestia, conseguiron librarse do peor. Yngwin estivo a piques de non contalo, pero milagrosamente volveu de entre os mortos para unirse a nós (ainda que penso que as suas feridas lle impedirán volver á acción pronto e non poderemos contar con él na proxima aventura). Eu perdin todo o meu equipo, pero meteuseme de casualidade un pequeno fragmento de pedra bruxa nunha bota e puiden vendelo por 40 monedas de ouro...

martes, 15 de diciembre de 2009

Mutante / Reós





Montaxe e pintura: Esta é outra das miñas favoritas.. teno todo! A posición é bastante aceptable, con ese pé fóra da peana que non se sabe se é que chega tarde á foto ou se vai baixar do estrado a arreglar diferencias contigo. O machado doble é semiartesanal (engadinlle a segunda folla doutro machado), e o pelo que lle cae polo rostro está sacado deses "trolls" rositas de peluche que nunca deberon existir. Para completar o atuendo heavy limeille 2 dedos da man do machado e pegueille os anacos de plastico simulando que os tiña levantados. METAAAALLL!!!
Para colmo, ata vai con gafas de sol!

Historia: Reós (de Reostia) é o meu mutante con "Sangue ácida". Modelar esa mutación non che podo dicir se é facil ou dificil, a verdade. Hai que ter fe no Caos. Reós sempre combatiu decentemente, levándose a multiples inimigos con el á tumba. Como premio foi a primeira (e única) miniatura que tiven á que lle comprei unha montura (Ver Tigre de Dirz). Chegou a ter unha tirada de salvación de +3 se recordo ben. Que gran campaña aquela, nin as tonterias de Yngwin a empañaban (weno, un pouco si). O Maxister con 4 ataques e armado con 2 lanzas! Mecá unha máquina de matar, Reós sementando o Caos na sua montura.. teño que sacarlle unhas fotos ás vellas follas de banda e postealas aqui tamén.

lunes, 14 de diciembre de 2009

Con pezas soltas / Plastilina



Montaxe e pintura: Ésta foi a primeira mini que fixen con plastilina. Levantei unha masa antropocaomorfa nunha peana, rodeeina de papel e planteille unha cabeza e dous brazos. O resultado é moi tosco, pero vin que a técnica tiña potencial. O mellor de todo é que se pode suplir coa pose o que lle falta en detalles. Outra das cousas que me gusta da plastilina é ese olor a Caos que desprende..

Historia: Non xogo con esta miniatura.. foi feita como proba e xa cumpliu o seu cometido. Queda como recordo do bo que é innovar e do malo que pode resultar se non se fai con criterio. ¡Non penso sacar a combatir en Mordheim unha miniatura asi de chunga!

Poseido / Yngwin





Montaxe e pintura: Un mal día naceu Yngwin, con ínfulas de poseido pero co potencial mortífero dunha rata coxa. E cega. E sen todo o que a podería facer minimamente perigosa. Vestino coas mellores galas, dinlle os brazos máis mutados, as cores máis enfermizas, o rostro máis purulento, os harapos máis harapentos... ¿por qué nunca mo agradeciches, Yngwin? Ainda estou esperando que me expliques, que me digas por qué me fas esto. ¿Non coidei ben de ti? ¿Non che din sempre o mellor trazo de pintura, o mellor lugar no cortello? ¿Non tiveches sempre o esterco máis fresco? ¿É que non fun bo abondo contigo, Yngwin?

Historia: O meu primeiro poseído. O Poseído. O símbolo e estandarte vivinte da banda. ¿Por qué tiveches que deixarte matar a paus por aquel middenheimer cotroñento? Coma un can, Yngwin. Creo que ata pediches piedade no último golpe, que lle supliquei darche eu mesmo. Por deus, se nen sequera estaba pintado, Yngwin. Era color metal, lampiño (non debía ter 18 anos cumplidos), cunha espada rechoncha e cilíndrica, torcida! E deuche unha malleira en toda regla. O "destructor de mundos", lle chamaron dende aquela. Malpocados, gran cousa fixera! Polo menos tiveches a dignidade de morrer permanentemente trala tirada de dados, e non te volviches arrastrando ó campamento como pensaba que farías.
Por iso che din outra oportunidade.
Grave erro.
¿Recordas aquel asuntiño co eslizón, meu querido Yngwin? Si, home, aquela lagartija azul morta de fame... ¿vaste acordando? Esa que che sacou unha daga (unha pedra con punta, debía ser) e te desmaiaches, ¿cómo fora? Ah, si: REBANADO! Cunha daga, Yngwin! Ti oiches algunha vez eso de "o primeiro poseido é gratis"? Eh? Oíchelo? Va que non? ¿Será porque costades 90 co. cada un? E cres que a ese prezo me podo permitir que a primeiras de cambio che rebane o pescozo cunha daga un eslizón que apenas se tiña en pé?
O teu nome é sinómino de mofa e escarnio, por onde pasas baten con forza as queixadas e choran de risa os mendigos porque se ven afortunados ó teu lado. Pero voute seguir poñendo no teu lugar de honor na banda, sabes por qué? Para verte caer unha e outra vez e arrolar polo chan enlamado (terreno dificil) e ser eu mesmo esta vez un máis dos que se rin de ti. Prea!

Alma Escura / Nazgul






Montaxe e pintura: O terceiro dos "nazgul". Arte minimalista, con só un brazo e unha man pode facerse unha xeitosa miniatura gracias á plastilina e ó papel de periódico. O algodón dalle a textura de "roupa", e a cor negra fai que combine con todo. Hai quen di que trala da capucha se poden ver uns terribles ollos vermellos, pero.. ¿¿quen estaría tan tolo como para mirar aí dentro??

Historia: Como os outros da sua serie, naceu para ser Alma escura. Polo seu reducido tamaño (quizáis demasiado reducido) soe ser a primeira elexida da banda. Pena que con "HA 2" poucos golpes acerta, a criaturiña. Polo demáis, é unha das miñas favoritas, pola sua pose. Parece mentira que as 5 fotos sean da mesma miniatura!

viernes, 27 de noviembre de 2009

Poseido / Mecá




Montaxe e pintura: Non estaban mal as pezas tipo "mutacións" que viñan na caixa dos guerreiros. Eran ideais para construir os meus dous poseídos, xa que éstes non podian portar armas. O problema era que só habìa 3 boas pezas, faltábame un brazo dereito "potente", porque éste rematado en púas se me facía "pouca cousa". Non recordo ben de onde saiu a espada-motoserra que leva Mecá, creo que un comandante marine lobo espacial de WH40,000. Non me fagades moito caso, nen sequera sei se eso que acabo de dicir ten sentido algún. Ben, unha vez empalmada a espadaserra no seu lugar antollouseme descompensado co brazo esquerdo. Probei a atarlle unha espada orca (pero tecnicamente non está usando armas, eh! un malnacido lla atou ó brazo como podia terlle atado un candil ou unha ristra de allos!) e non me disgustou o resultado.
Agora doume conta de que éste poseido non deberia mostrar unha armadura, pero daquela non tiña opción: tódolos torsos da caixa a levaban.

Historia: Como poseído, Mecá (abreviatura de "mecagoendios", que é o que os seus inimigos deberían exclamar ó atoparse con el de golpe ó doblar calquera mordhesquina en ruinas) levou sempre unha gran responsabilidade encima. Non podes ser o maior mata-mata da banda, o pilar fundamental, e ir na retagrada. Xunto con Yngwuin (o maldito) eles son sempre a punta de lanza da miña banda. Unha punta de lanza que se rompía en anaquiños demasiado a miudo, por desgracia. Pero non por culpa de Mecá. A través das campañas xogadas Mecá aprendeu a dar hostias como panes e panes como hostias. Chegou a ter uns atributos de medo, doblando a forza e resistencia normal dun humano. Resumindo, que cando todo se ía ó carallo non era por culpa del. E conseguir eso na miña banda dos poseídos é todo un mérito.

Guerreiro do Caos / Jadaña






Montaxe e pintura: Sempre quixen ter unha miniatura armada cunha gadaña, pero na caixa só atopaba armas convencionais, e todas de tamaño infantil. "Non pode ser -pensei- nalgunha destas matrices ten que haber armas de verdade". E asi foi como me din conta de que as armas máis mortiferas non eran eses cachiños de plastico fino que sacamos con tanto esmero para que non se rompan, senon que estaban en realidade escondidas "dentro" das matrices. Pillei un par de cachos de plástico matricial bruto e afieinos cunha coitela oxidada. Cando estiveron a punto pegueinos e engadinlles un bo mango. Para endosarlla á miniatura tiven que amputarlle e volverlle coser as mans, porque insistía a moi terca en agarrala do revés. O resultado pode verse nestas fotos. Algo tosco pero recoñecible. Completei a figura cunha capa que o fai parecer un xogador de jockey. Ata ten un número no dorsal. Supoño que non fai falla que diga cal é.

Historia: Ésta é unha das primeiras miniaturas ás que boto man cando recluto Irmáns Poseídos. Ou cando teño as 5 Almas escuras na banda ésta soa ser a quinta despois dos "nazgul" e algunha outra con aspecto sombrio. Algo aparatosa a gadaña no combate, tamén hei de dicir.

jueves, 26 de noviembre de 2009

Alma Escura / Anel

Montaxe e pintura: Polo seu aspecto vese que é da mesma quinta que as outras miniaturas con aspecto de "nazgul". Ata lle puxen na man un colgante cunha especie de anel feito de cobre retorcido (xa non recordo nin q era). A capa de periódico quíxena facer maior neste caso, peor atopeime con problemas de maniobrabilidade. Por detrás amañeino chamuscándoa para recortala, e por diante.. resulta que nun inicio a capa non facía ese extraño cara a dereita, como se a levara o vento. Era recto cara adiante. Pero por mor dunha "mala almacenaxe", un día amaneceu asi de torcida. Por último, igual que os outros da serie, non están "pintados", so lles pasei un pincel sucio porriba.

Historia: Despois de recortarlle un chico a capa fíxose unha miniatura o suficientemente manexable como para usala na banda de poseídos a modo de Alma escura. O malo das Almas escuras é que se nota no presuposto da banda que custan 10 co. máis que os Irmáns, asi que non soen ser habituais nas miñas bandas (polo menos ó inicio das campañas).

viernes, 6 de noviembre de 2009

Con pezas soltas / Flecha




Montaxe e pintura: Se hai algo que non te vas atopar na caixa de guerreiros do Caos son armas de proxectís. Que conste que non me parece mal, é lóxico. Quen no seu sano xiuzo vai á batalla armado cun pau curvo (sen pinchos) e esas pequenas coitelas con punta de silex? Pero para Mordheim a miudo facia uso dun arqueiro cando podía reclutar varios Irmáns, e non tiña ningunha miniatura que se axustase a ese arque-tipo.
Mans á obra logo. É case imposible reconvertir unha figura normal en arqueiro, pola posición dos brazos e o corpo, asi que botei man da tecnica da plastilina. Recubrin a estructura homínida co papel e planteille unha cabeza e brazos na posición que crin máis idonea. Como proxectil usei un cacho d matriz labrada en forma de lanza, e para o lume da punta algodón pintado. "Vestín" á miniatura de camuflaxe pensando no típico arqueiro estilo Robin Hood.

Historia: A pesar de ser algo aparatosa si que a usei como arqueiro da banda, pero só de forma esporádica e xa nos últimos tempos. É mais unha peza curiosa que un integrante da banda.

sábado, 31 de octubre de 2009

Guerreiro do Caos / Caracortada



Montaxe e pintura: Seguimos rizando o rizo. Había unha cabeza única na matriz do Caos que viña sendo nin mais nin menos que unha fusión de duas cabezas. Ideal para un mutante, para mostrar o que a terrible distorsión do Caos fai nos corpos dos pobres mortais. Un diamante en bruto. Pero non sei por qué, non me acababa de convencer. Era moi especial, si, pero.. joer, tódalas caixas de guerreiros do Caos traen esa cabeza mutante! Tódolos frikis do mundillo que se precien de selo usarían esas cabeza e poñerian a figura na primeira fila do seu batallón.. nah, era tan especial que non me servía tal cal viña. Había que aplicarlle un pouco máis de Caos extra..
Partín a cabeza á metade, e usei a parte boa desta maneira. O corte pinteino de vermello e dinlle apariencia deso, dun corte. Quería "pintarlle" un coágulo de sangue colgando, pero quedou tal gotón na punta do arame que usei que decidín que ese ben podía ser o ollo que faltaba.
Polo demáis usei a sua expresión asustada para facer como que sinalaba algo coa espada (máis visual que sinalar cun martelo ou machado).

Historia: Esta é a típica miniatura que todo o mundo mira varias veces e lle fai gracia dende calquera ángulo. Metina con calzador nun par de escaramuzas (a ver se o adivinades, como Irmán!) e pouco máis hai que contar dela, por desgracia.

Guerreiro do Caos / Salto



Montaxe e pintura: Esta miniatura porta o outro par de pernas especiais da caixa, esas que non teñen os dous pés á mesma altura. Pareceravos unha tontería, pero cousiñas coma son a única fonte de variabilidade xenética aparte do cristo que poida armar eu con elas cando as monte. Nesta ocasión o pé que se apoia na pena é o outro, facendo que o dereito quede no aire nunha tipica postura de "vouche dar con ganas". Para potenciala fixenlle arrebolar esa maza con pinxos lista para asestar un bo golpe, e o outro brazo deixeillo para tarefas defensivas con ese pequeno escudo orco.

Historia: Esta miniatura tiñao todo para triunfar, pero pasou o de sempre.. na banda de poseidos non habia sitio para ela. Miniatura de recheo para Irmáns foi o seu triste destino.

Magister




Montaxe e pintura: Algo me decía que esa cabeziña con cornos de cabra estaba chamada a grandes cousas. Debeu ser que era unha das pezas únicas da caixa o que me motivou. Monteina pensando que sería o líder da banda, o Magister. Por moi versado que estivera nas artes máxicas segundo o perfil das reglas de Mordheim, non pensaba porlle nas mans unha vara de eucalipto ou similar. ¿Por qué non vai poder facer maxia con dous coitelos de carniceiro? De manufactura orca, ademáis. Eso si que era un mago feito e dereito. Como distintivo de grao adorneino cunha capa standard. Cumplía mal que ben o seu cometido, pero non acababa de inspirar temor ó inimigo e respeto entre a tropa. Tempo andando volvín a el e fixenlle una amaños. Sustituín a vella capa por unha de papel-periódico recuberta con algodón, máis acorde cos tempos que corrían e que de paso tapaba a azul armadura que portaba (por algo lle chamaban papapitufo nos barracóns cando non miraba). Tamén tiven que abrirlle unha abertura para os cornos, e por último dinlle un toque de apestado pegandolle sobre a capa cachos de porlespan chamuscado, todo elo ben regado de pintura negra, por suposto.

Historia: Poucas miniaturas teñen tantas amargas batallas sobre as suas costas coma ésta. Manter a disciplina na tropa consumía sempre tódolos seus esforzos intelectuais, asi que as suas ordes non brillaban pola sua coherencia e eficacia. Eso si, non se pode dicir que non os tivera atados ben curto. Recordo unha vez que andando de tellado en tellado polas ruinosas ruas de Mordheim a este lumbrera lle pareceu que era capaz de saltar unha incerta distancia vertical (coa gravidade a favor) e sen pensalo dúas veces se botou ó vacio ante a incrédula mirada de propios e extraños. Os dados non foron propicios e o moi besta tragouse uns cantos impactos directos contra o duro e frio chan quedando aturdido. Os seus fieles seguidores, vendo a heroica acción do seu amo, non quedaron de brazos cruzados e imitárono con idéntica fortuna. Só cando o montón de corpos destrozados superaba ó que quedaba de banda (e tamén polas risotadas de súplica dos meus colegas de xogo) se dediciu dar o turno por perdido e buscar algún outro camiño menos directo pero máis venturoso.
Outro exemplo da malevolencia coa que os caprichosos deuses do Caos nos castigaban unha e outra vez vese no tipo de maxia que o penoso Magister elexía aprender antes de adentrarse nas ruinas da cidade. Sempre o seu dedo se paraba nun maldito conxuro que consistía en cortarse as venas diante do estupefacto rival para que unha especie de sangue ácida o golpease. Podédesvos imaxinar que o chorro, coma tódolos chorros do Caos, se dirixía a calquer lado excepto onde se supoñía que debía ir. E encima o Magister quedaba de novo aturdido pola inutil perda de sangue. Outras veces tocaba saberse o maravilloso feitizo de levitación, co que o meu valeroso Xefe se transformaba nun amorfo Cupido que surcaba os ceos da cidade maldita armado co seu arco mortífero (nunca unha arma foi tan inofensiva). A mellor arma que portou este enxendro foron esas duas lanzas que mercou a prezo de saldo e que lle daban 5 ataques a quen fose que se lle achegase. ¿E de que vale invocar ó teu señor escuro para que te aplaste coma un gusano antes inda de pedirlle o seu favor? O único que de verdade facía ben o meu Magister era sacrificar mendigos, neso sempre foi un verdadeiro crack.

Bárbaro do Caos / Caldeiro de Sangue



Montaxe e pintura: O normal é ter unha idea e buscar logo os medios co que plasmala, pero cando se trata de miniaturas a min soe pasarme ó revés: teño un cento de pezas aparentemente inservibles e fago por buscarlles algunha utilidade. Na caixa dos guerreiros do Caos vén unha especie de tambor que non penso endosarlle a ningunha das miñas figuriñas a non ser que me volva tolo de remate e queira fomar con elas unha banda de gaiteiros. Acumulaba xa 4 deses malditos tamboriles cando decidín que dalgún xeito tiña que darlles uso. Sen a tapa semellaba un caldeiro, un caldeiro do Caos so pode conter a sangue dos inimigos, e coa sangue dos inimigos só se pode facer unha cousa: bebela ata reventar! E falando de sangue, supoño que vos fixariades que non parece pintura.. efectivamente, non o é. É esmalte de uñas.

Historia: Esta miniatura naceu no 2009, da caixa que me comprei por ebay de bárbaros do Caos, asi que non tivo ocasión de entrar en batalla ainda. Pensaredes que non está preparada para o combate, pero que pode asustar máis ó inimigo (en Mordheim meter medo é básico) que unha boa demostración innecesaria de macabra brutalidade coma esta?

viernes, 30 de octubre de 2009

Con pezas soltas / Boromir



Montaxe e pintura:
Aparte da estética Nazgul, coas suas túnicas negras, e quería tamén poder "moldear" con plastilina e periódico miniaturas de aspecto máis humano. Para o caso, desta vez pintei a capa de cor marrón (os pliegues aprécianse bastante mellor asi) e as pezas dos brazos tamen están aceptablemente coloreadas. Pero o verdadeiramente especial (para min) desta figura é a cabeza, con ese pelo "realista" (mezcla de algodón e mezcla de pelo dun troll rosa de peluche que había por aí). O rostro, coa sua barbiña e perilla recórdame a Boromir.

Historia: Participou nalguha escaramuza Mordheimniana, pero polo seu aspecto tan "humano" sempre foi algo menospreciada polo resto de miniaturas da caixa.

Guerreiro do Caos / Maza



Montaxe e pintura: Asi como non me gusta repetir cabezas tampouco me agrada que varias figuras porten as mesmas armas. Sobretodo cando as armas a elexir son de baixo calibre. Non lle penso meter a un dos meus guerreiros unha espada curta ou un machado de facer leña... como van defender o meu glorioso estandarte con esas mingurrias bélicas? Nada diso, que para eso está o departamento de ideas caóticas deseñando prototipos de armamento sen parar. Este é un deles. O mango dun portaestandarte reconvertido en maza con pinchos. Manexable non será, pero como te pille...
Para o montaxe final tiven que recortar e pegar as mans (algo se nota), e como guinda para a miniatura espeteille tres anacos de palillos redondos nas costas, para darlle un aire punki.

Historia: Pola sua pinta de brutote empregueino varias veces como home besta antes de facerme cos servizos dos lobos de Confrontation. Despois deso tivo unha vida tan tranquiila coma a maioria das miniaturas que non entraban no perfil da banda de poseidos de Mordheim.

Alma Escura / Estandarte



Montaxe e pintura: Cando empecei a usar periódico para facer capas vin que as rugosidades do papel non eran suficientes para dar aspecto de "roupa raída" que quería conseguir. Solucioneino pegandolle por encima (viva o superglue!) febras de algodón que moi facilmente se embebian no papel coa pintura. O resultado recordábame moito ás túnicas dos Nazgul, asi que probei a facer unha serie de minituras con corpo de plastilina recubertas de periodico e algodón. Esta é unha delas, "armado" só co portaestandarte, en plan director de orquesta. Ten 3 pezas: os dous brazos e unha cabeza que non se ve pero que está aí.

Historia: Cando quixen probar a meter Almas Escuras na banda (ó principio non me convencian os seus atributos) este tipo de miniaturas foron as ideais para representalas. Ésta ademáis podíame facer o papel de Magister da banda en caso de que o titular se negase a cumplir coa sua obligación.

Guerreiro do Caos / Telaraña



Montaxe e pintura: Esta foi unha das primeiras que montei. Xa apuntaba maneras, jeje.. Brazos de orcos, armadura azul, espada ás costas e esa maraña de fios rodeándoo.. Gústame mezclar pezas, e tiña a man eses brazos orcos que non dubidei en utilizar para darlle colorido á miña colección de guerreiros de Caos. Unha vez montada fixeime que os brazos orcos eran larguisimos e encima con esa pedazo maza pinchuda ainda abultaba máis, e eso unido á actitude xeral da figura me fixo pensar en alguén que tenta zafarse de algo que lle molesta. Dito e feito, comecei a envolvelo en fio tal que se nunha telaraña caera. O resultado convenceume, e completeino con esa cor fosforita para darlle ainda máis estravagancia ó asunto. O certo é que non pintei moitas máis miniaturas de azul despois desta.

Historia: A pesar da coña que tiña ver a este guerreiro deambular pola mesa enzarzado nos fios non usei demasiado esta miniatura. Nen sequera daba ben a pega como Irmán poseido..

Guerreiro do Caos / Skeletor


Montaxe e pintura: Me puxera como me puxera sempre iba ter que repetir algunha cabeza ó montar as miniaturas. Eso non me mola nada. A min gústame a variedade, facer cada miniatura diferente ás demáis. Por eso utilicei como cabeza esta especie de calavera metálica sen ningun reparo. Paréceseme a un terminator ou a Skeletor, non? Pinteino de cor dourado case uniforme para acentuar esa apariencia metalica (non qeria abusar do mithril, porque o levan case tódalas miniaturas en gran medida). Ó rematar engadinlle unha capa de medio lado que cubre a man do coitelo facendo como se o levase agochado. Tamen adornei un pouco a peana con papel de periódico, porque estaba vendo que en xeral as estaba deixando bastante sosas.

Historia: Esta criatura con aspecto mecánico non pintaba moito entre os Poseidos, asi que apenas participou algunha vez nunha partida. Unha figura de recheo para cando me sobraban moedas que gastar en Irmáns.

Alma Escura / Movemento





Montaxe e pintura: Cansado de ver sempre o mesmo tipo de miniaturas estáticas quixen a toda costa montar unha con movemento incorporado, en plena acción. Utilicei para eso un tipo de montaxe que acababa de probar exitosamente noutras miniaturas. Nunha peana peguei un cacho de plastilina que recubrin con papel de periódico. Todo eso ben regado con superglue para que se fixara e endurecera. Despois peguei nos lugares apropiados a cabeza e os dous brazos elexidos tentando moldear (gracias a que a plastilina ainda era deformable) o corpo para darlle ese toque de dinamisno buscado. O periodico axudou a darle voo á escena e a "tapar" as imperfeccions que xurdian no proceso. As pezas visibles dinlles unha man de mithril e por último un bo lavado en negro para escurecer calquer rastro dos anuncios por palabras (o periodico chupa ben a pintura) e darlle aspecto tétrico e escuro á figura. A espada é transformada, un cacho de matriz afiada, se recordo ben. E o brazo tamen foi "estirado" artificialmente para a ocasión.

Historia: Sendo das miniaturas "recentes" non lle deu tempo a esta figura de acumular méritos, soamente participou unha vez como Irmán ou Alma escura nalgunha partidilla solta de Mordheim.