sábado, 7 de enero de 2012

Miniatura sen pezas








Montaxe e pintura: Esta miniatura foi un pequeno desafío personal. Xa fixera figuriñas con plastilina e papel de periodico como base, como corpo central ó que lles adosaba algunha outra peza (sobre todo brazos), pero.. ¿podería montar unha miniatura decente sen ningunha peza prefeita, sen nada máis que plastilina, papel e algodón? Empezando polo fácil, estaba claro que a miniatura tería que ser do tipo Nazgul. Non sei se no futuro podrei montalas doutro xeito, pero de momento convenme que sean todo capa. Elexín unha peana grande, creo que non é de WH, que estaba retorcida seguramente porque Edu tentou transformala en sabe deus qué a base de mechero. O caso é que me viña ben. Só tiña un cacho minusculo de plastilina disponible, asi que tiven que usar algo de masilla caducada (era imposible modelar outra cousa que non fose un cilindro) para facer bulto. Pegueino todo á peana como quen chanta unha estaca na terra e cubrino con varias capas de papel de periodico (e pegamento), dandolle forma ós brazos e á capucha. Pinteino de negro e cando secou enzoufeino ben de pegamento para que retivese o algondón, seguinte paso na creación de Nazguls. Volvín sacar a cor negra para o algodón, e axustei con mais pegamento as partes delicadas. Tentei disumular as mans o mellor que puiden. Unha delas inda quedou decente. Esas tripas que está agarrando son tamén de algodón, pintadas con esmalte de uñas, a mellor cor vermella que se pode usar para simular sangue.

Historia: Esta miniatura forma parte dunha especie de intercambio artístico cun amigo, o mesmo que me lanzou o desafío de montar unha miniatura sen pezas (e se recordo ben, tamén sen armas). A miniatura convive agora baixo o seu teito, e xa sabes as tres reglas para que siga mantendo a sua integridade: Non mollala, non expoñela á luz dos mecheros e non darlle de comer despois da medianoite.