sábado, 9 de enero de 2010

Capítulo 1 - Matanza na Praza da Emboscada

Campaña 2010, Extracto dos manuscritos poseídicos:

"Hai xa varios días, un aventureiro imprudente relataba nunha taberna nada recomendable dunha vila circundante a Mordheim cómo fixo fortuna adentrándose en certa parte da cidade maldita. Nesa zona, que só el coñecía, abundaba a codiciada pedra bruxa que uns mercaderes do norte lle mercaran ese mesmo día a prezo de ouro.
Un extranxeiro con pinta de refinado noble da apestosa nación de Bretonia invitou a varias rondas de tumbadioses ó incauto coa clara intención de sacarlle máis datos sobre ese misterioso enclave. Ignoro se conseguiu ou non o seu propósito porque, alertados polos desvarios do aventureiro borracho, un grupo deses puritanos que se fan chamar "cazadores de bruxas" que tomaban pousada na mesma taberna determinou arrestalo e levalo ós calabozos para interrogalo para o seu propio beneficio.

Esa noite, cando por fin o soltaron os cazadores, as nosas Almas Escuras encargáronse de secuestralo e traelo ó campamento da secta dos Poseídos. Non foi necesario ensinarlle os instrumentos de tortura para que empezara a cantar. En canto tivemos a localización exacta do lugar aseguramonos de que ninguén máis fose sacar información do pobre individuo.

De inmediato iniciamos unha partida de caza na busca da pedra bruxa da que falou o estúpido aventureiro. Contábamos cun número de membros menor do habitual, pero todos eles eran aguerridos guerreiros altamente experimentados e mortais na batalla. O noso Maxister, os poseídos Yngwin e Mecá, os mutantes Cthulhu e Reós, e dous homes bestia que contratamos como secuaces, Manowar e Megadeath.

Ós poucos días logramos dar co sitio buscado, pero de seguido nos decatamos de que non foramos os primeiros en chegar: un enorme rabaño de homes besta estaba enchéndose os bolsillos a toda présa con numerosos fragmentos da preciada pedra bruxa. Os seus sentidos animáis alertáronos de que estaban sendo vixiados e remataron velozmente o seu traballo para emprender a fuxida con todo o botín.

O noso Maxister xa tiña tratado noutras ocasións con bestas dese calibre e sabía que eran tercas como carneiros, asi que maldeciu en alto antes de esixirlles parte do tesouro ,se non querían ser masacrados polo terrible Culto dos Poseídos.

Como era de esperar os moi testáns ensaiaron as suas máis estrondosas gargalladas de fanfarronería e desafiáronnos a arrincarlle a pedra bruxa das suas frias mortas mans. O noso Maxister respondeu á esa infantil provocación ordenándonos avanzar ata que lle cortamos o paso pola saída máis obvia coa que contaban.
Os homes cabras continuaron a sua escapada facendo caso omiso dos nosos movementos, co que en cuestión de segundos os dous temibles Poseídos da banda estiveron frente a frente con eles. O seu número era tan superior ó noso que non se esperaban que lles fosemos plantar cara tan abertamente. O líder da manada, vendo peligrar a sua vía de escape máis doada, decidiu sacrificar a dous mastíns para que nos entretiveran mentres eles poñían pés en polvorosa.

Dous mastíns.. ¿como se pode subestimar desa maneria á Banda dos Poseídos? Eles eran trece, nós sete. Quizáis foi eso o que os levou a engano. Un dos mastíns quedouse petrificado polo terror e foi incapaz de cargar a Mecá, o Poseído. O outro lanzouse a por Yngwyn cunha fé cega no seu líder.

Mentres nos encargábamos deste primerio tentenpé os plans do Maxister seguían bulindo na sua cabeza. O Centigor, ese extraño home-cabalo, conseguiu escapar do noso cerco cunha pedra bruxa no seu poder. Pero non nos preocupaba, quedaba moita pedra bruxa en mans dos outros heroes, que quedaron a punto de caramelo en canto Yngwin se librou do desnutrido chuco do Caos.
Se os homes bestia se lanzaseb agora á carreira para fuxir boa parte deles poderían ser interceptados facilmente polos poseídos. ¿Fuxirían como ratas mentres lles chovian golpes letais ou prestarían por fin oídos ás nosas peticións de repartir o botín?

O Maxister viu que o poder da avaricia brillaba nos ollos do líder da manada de homes besta e comprendeu definitivamente que éste nunca aceptaría un trato. Non era un pelea que desexáramos, pero dende logo non iamos recuar agora. Preparámonos para sufrir unha carga brutal. As mazas dos inimigos golpeábanmos facendo pó os nosos músculos e órganos vitais. Os poseídos enfrontábanse ó inimigo a pares e coas suas miradas asasinas paralizaban de medo a moitos dos homes besta, que non se atrevían a encaralos. Os nosos propios Homes Besta, Manowar e Megadeath, secuaces adestrados pola Secta para servirnos, entraron en combate tamén, e eu aprestábame a facer o mesmo cando o Maxister chuspíu o meu nome..
"Reos, -exclamou- cubre o meu flanco! Vou facer que se arrepintan de ter nacido!"

Adiviñei enseguida o que ía facer. O noso Maxister estaba versado nas artes dos rituais escuros e de seguro que se propoñía conxurar algun feitizo que nos dese ventaxa na batalla. Descubriu o seu antebrazo e á vez que entonaba un cántico inintelixible cortouse dun tallo as veas. A iso si lle chamo eu ter un As na manga. Dirixíu o chorro de sangue ácida que brotaba do seu corpo ó lider da manada, sabedor de que se o poñía fóra de combate o resto da banda sería máis facil de eliminar. Por desgracia o caudillo rival deuse conta do que se lle viña encima e tivo tempo de interpoñer a un dos seus Ungors para librarse do conxuro. O Ungor morreu consumido en ácido. O noso Maxister, debilitado pola perda de sangue caeu tamén derribado.
Agora eran eles quen tentarían deixar fóra de combate ó noso Amo, e era o meu traballo impedilo. Pero eran demasiados.. que os deuses do Caos me perdoen.. un enorme home bestia e dous mastíns do Caos cargaron contra o noso Maxister, que xacía indefenso. Puiden interceptar ó Gor, pero vin como os dous mastíns me sobrepasaban e esnaquizaban a detelladas ó meu Amo.

Loitei co meu oponente cheo de furia, e intercambiamos impresións ata que tivo a fortuna de darme tal golpe que me fixo caer case incosciente ós seus pes. A fortuna só me sorriu cando a miña propia sangue ácida o golpeou no rostro. Iso cegouno, e impediulle rematarme. Sen embargo, as miñas feridas eran tan serias que só puiden arrastrame lonxe da batalla para non ser unha victima máis. Estaba fóra de combate.

Oculto dende as ruinas vin con ledicia que non todos tiveran a mesma mala fortuna que eu e o Maxister. ¡Yngwin e Mecá estaban facendo estragos entre as filas do inimigo! A batalla semellaba deparar un horrible final para ambas bandas. Case todos estaban trabados en combate corpo a corpo, parecia que nada podía ir peor.. ¡e de repente unha choiva de frechas caeu sobre todos eles!

Sen que ninguén o esperase, uns misteriosos arqueiros apostados nas ventanas dunha casa ruinosa empezaron a disparar contra ambas bandas. E non so iso, un grupo de homes armados avanzaba con paso firme cara a batalla campal dispostos a quedarse eles con toda a pedra bruxa. Cando limpei o sangue dos meus ollos e os puiden ver ben xa non me sorprendín tanto: recoñecín entre eles ós apestosos Bretonianos que emborracharan a aquel tipo na taberna a outra noite.

O Caudillo da manada botaba espuma sanguinolenta pola boca porque via cómo a sua banda estaba caendo derrotada diante dos seus ollos. O Chamán xacía inmóvil no chan da cidade maldita, os mastíns corrían acobardados sen facerlle caso e os demáis pasaban apuros para librarse das poutas de Ingwyn e Mecá.

Os homes de armas bretóns cos seus relucintes casos cerraron filas cubrindo ós nobles que os acompañaban e adoptaron unha cobarde posición defensiva a escasos metros da sanguenta masacre. Como se se divertisen mirando unha pelea de cans que nin lles ía nin lles viña.
E non eran ésas todalas desgracias que o destino lle tiña reservado ó Caos, porque por encima do ensordecedor ruido da batalla, todos se estremeceron ó escoitar un novo bramido:

"¡¡Preparádevos para ser devorados polas chamas purificadoras, criaturas de almas podridas!!"

Como se dunha aborrecible aparición se tratase, un fanático Sacerdote Cazador de Bruxas entraba en escena portando nunha das suas mans nin maís nin menos que o brillante Martelo de Sigmar, azote de impíos. Tras el sairon catro mastíns e cargaron sobre os Homes besta. Sen embargo os aguerridos homes-cabra non se deixaron acobardar polas circunstancias e puideron devolver ós catro caniches ó buraco do que sairon ó primeiro golpe. Os cazadores ian necesitar moito máis ca iso se querian ter parte do botín. E iso mesmo deberon pensar eles, porque elexiron ese preciso momento para avanzar con todo o que tiñan cara a batalla. Os temibles flaxelantes sairon das sombras amenazando con pórlle un precipitado final a esta historia.

Mentres, en plena batalla, Yngwin paritu a un Gor pola metade e na sua cega sede de sangue encarou ós bretonianos. Creo que nin se deu conta de que non eran Homes besta. Para Yngwin só eran posibles victimas no seu contador ...e queria demostrarlle ós deuses do Caos que era un bo guerreiro. Cargou, e Cthulhu e Mecá, que tamen acababan de desfazerse dos seus respectivos rivais, seguírono na sua senda de destrucción como dous pequenos patiños (do caos) seguirían á sua mamá pata.

Os bretonianos non sabían o que se lles viña encima. Gracias á sua disciplina militar e ás dotes de mando do Cabalerio Cruzado que os comandaba sacaron forzas de flaqueza para superar o seu medo e cargaron ós dous poseídos. ¡Tres homes de armas a cada un!

Os Homes besta conseguiron asi librarse da amenaza dos Poseídos, pero con todalas saidas tapadas e sabendo que lles sería imposible enfrontarse tan mermados como estaban ós Cazadores de Bruxas reagrupáronse arredor do seu líder, que xacía gravemente ferido, e organizaron a sua última ofensiva... ¡a través da banda dos Bretonianos!

Co seu último alento, xusto antes de caer abatido por un disparo, o Caudillo dos Incursores ordenou ó que quedaba da sua banda que cargasen ós Bretonianos aproveitando que éstes estaban completamente inmersos agora nunha dura loita contra os catro membros do Culto dos Poseídos que quedaban en pé.

Desta maneira, a aparición dos Cazadores de Bruxas levou ás duas primeiras bandas en liza a chocar de frente cos bretóns.

O centigor, que estivera oculto ata agora agardando que os seus aliados lograsen alcanzalo e fuxir xuntos coa pedra bruxa, respondeu tamén ó moribundo grito de batalla do seu Caudillo e cargou con furia asesina contra os sorprendidos bretonianos.

Mecá foi abatido levándose por diante a dous inimigos. Yngwyn conseguíu cinco almas para o señor do Caos antes de morder o pó. Cando o Cabaleiro Cruzado caeu victima do culto dos poseídos o centigor elevouse sobre o resto dos bretonianos e dispersou as suas filas.

Para cando os Cazadores chegaron á zona cero, só viron un dos nobles bretóns correndo, desarrapado, sanguinolento, e implorando auxilio e piedade. Tras el, Cthulhu e Megadeath ainda quedaban en pé. Exhaustos e cubertos de sangue, os dous foron cruelmente rematados polas hordas de flaxelantes fanáticos.

O Sacerdote de Sigmar, envolto dunha áura de lume sagrado, agachou a testa para observar ó desvalido bretón arrodillado ós seus pés e dixo facendo un leve xesto coa man:

"Perdónote"

Tralo cal o noble saiu correndo agradecido, abrazado a un fragmento de pedra bruxa na busca da protección dos seus arqueiros.
O Centigor, o ultimo supervivinte da banda dos Homes Besta, fuxiu coa sua pedra bruxa antes de que os Cazadores puidesen alcanzalo.

Por último, os Cazadores de Bruxas recolleron toda a pedra bruxa que puideron, e marcharon deixando tras de si unha enorme pila de cadaveres."

.....

Epílogo:

Máis tarde, ó volver ó campamento, souben o que pasou cos meus camaradas.
O Maxister non sobreviviu ás feridas que lle inflinxiron ós mastíns do Caos. Cthulhu e Megadeath foron trinchados e destripados polos Cazadores de Bruxas e tampouco volveron con vida. Mecá e Manowar, o noso outro home bestia, conseguiron librarse do peor. Yngwin estivo a piques de non contalo, pero milagrosamente volveu de entre os mortos para unirse a nós (ainda que penso que as suas feridas lle impedirán volver á acción pronto e non poderemos contar con él na proxima aventura). Eu perdin todo o meu equipo, pero meteuseme de casualidade un pequeno fragmento de pedra bruxa nunha bota e puiden vendelo por 40 monedas de ouro...

No hay comentarios:

Publicar un comentario