lunes, 14 de diciembre de 2009

Poseido / Yngwin





Montaxe e pintura: Un mal día naceu Yngwin, con ínfulas de poseido pero co potencial mortífero dunha rata coxa. E cega. E sen todo o que a podería facer minimamente perigosa. Vestino coas mellores galas, dinlle os brazos máis mutados, as cores máis enfermizas, o rostro máis purulento, os harapos máis harapentos... ¿por qué nunca mo agradeciches, Yngwin? Ainda estou esperando que me expliques, que me digas por qué me fas esto. ¿Non coidei ben de ti? ¿Non che din sempre o mellor trazo de pintura, o mellor lugar no cortello? ¿Non tiveches sempre o esterco máis fresco? ¿É que non fun bo abondo contigo, Yngwin?

Historia: O meu primeiro poseído. O Poseído. O símbolo e estandarte vivinte da banda. ¿Por qué tiveches que deixarte matar a paus por aquel middenheimer cotroñento? Coma un can, Yngwin. Creo que ata pediches piedade no último golpe, que lle supliquei darche eu mesmo. Por deus, se nen sequera estaba pintado, Yngwin. Era color metal, lampiño (non debía ter 18 anos cumplidos), cunha espada rechoncha e cilíndrica, torcida! E deuche unha malleira en toda regla. O "destructor de mundos", lle chamaron dende aquela. Malpocados, gran cousa fixera! Polo menos tiveches a dignidade de morrer permanentemente trala tirada de dados, e non te volviches arrastrando ó campamento como pensaba que farías.
Por iso che din outra oportunidade.
Grave erro.
¿Recordas aquel asuntiño co eslizón, meu querido Yngwin? Si, home, aquela lagartija azul morta de fame... ¿vaste acordando? Esa que che sacou unha daga (unha pedra con punta, debía ser) e te desmaiaches, ¿cómo fora? Ah, si: REBANADO! Cunha daga, Yngwin! Ti oiches algunha vez eso de "o primeiro poseido é gratis"? Eh? Oíchelo? Va que non? ¿Será porque costades 90 co. cada un? E cres que a ese prezo me podo permitir que a primeiras de cambio che rebane o pescozo cunha daga un eslizón que apenas se tiña en pé?
O teu nome é sinómino de mofa e escarnio, por onde pasas baten con forza as queixadas e choran de risa os mendigos porque se ven afortunados ó teu lado. Pero voute seguir poñendo no teu lugar de honor na banda, sabes por qué? Para verte caer unha e outra vez e arrolar polo chan enlamado (terreno dificil) e ser eu mesmo esta vez un máis dos que se rin de ti. Prea!

3 comentarios:

  1. de pobre nada.. un miserable, eso é o que é! só rinde baixo amenazas de extremaunción e latigazos, e nin así aprende a portarse coma un Poseído de verdade.

    ResponderEliminar
  2. Si no rinde bajo esa presión deberías probar con una estrategia de refuerzo positivo.

    ResponderEliminar