viernes, 30 de octubre de 2009

Alma Escura / Movemento





Montaxe e pintura: Cansado de ver sempre o mesmo tipo de miniaturas estáticas quixen a toda costa montar unha con movemento incorporado, en plena acción. Utilicei para eso un tipo de montaxe que acababa de probar exitosamente noutras miniaturas. Nunha peana peguei un cacho de plastilina que recubrin con papel de periódico. Todo eso ben regado con superglue para que se fixara e endurecera. Despois peguei nos lugares apropiados a cabeza e os dous brazos elexidos tentando moldear (gracias a que a plastilina ainda era deformable) o corpo para darlle ese toque de dinamisno buscado. O periodico axudou a darle voo á escena e a "tapar" as imperfeccions que xurdian no proceso. As pezas visibles dinlles unha man de mithril e por último un bo lavado en negro para escurecer calquer rastro dos anuncios por palabras (o periodico chupa ben a pintura) e darlle aspecto tétrico e escuro á figura. A espada é transformada, un cacho de matriz afiada, se recordo ben. E o brazo tamen foi "estirado" artificialmente para a ocasión.

Historia: Sendo das miniaturas "recentes" non lle deu tempo a esta figura de acumular méritos, soamente participou unha vez como Irmán ou Alma escura nalgunha partidilla solta de Mordheim.

2 comentarios:

  1. Éste es el que más mola ¿Donde dices que se puede comprar?

    ResponderEliminar
  2. jaja, non hai cartos que poidan pagar esta coleccion! (canto ofreces??)
    estou pensando poñer unha vista lateral deste, a ver se me animo. tamen teño pensado explicar brevemente o proceso de creacion e a historia personal de cada miniatura.

    ResponderEliminar